cadernos grial: alvarez blazquez l. 2008

Portada de cadernos grial: alvarez blazquez l. 2008

O Caderno Extraordinario da revista GRIAL vai dedicado esta vez á figura egrexia de Xose María Çlvarez Blázquez, a quen a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas. Baixo a denominación xenerica de A PALABRA E OS DIAS, o mesmo título que leva a Exposición Homenaxe que se pode visitar ata o 25 de maio na Casa da Cultura de Vigo, patrocinada pola Consellería de Cultura e Deportes e pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo, este caderno extra de GRIAL reúne colaboracións de especialistas e unha minifotobiografía arredor da figura e a obra do poeta, investigador, crítico literario e editor. Francisco Fernández del Riego, que compartiu militancias e angueiras editoriais; Carlos L. Bernárdez, autor do estudo biográfico que Galaxia preparou para as LETRAS GALEGAS, Gonzalo Navaza, María Dolores Cabrera, Darío Xohan Cabana, Manuel Forcadela e Xose Luis Franco Grande abordan distintas facetas da personalidade e da creación intelectual de Xose María Çlvarez Blázquez. Inclúese, a maiores, un inedito de notable interese, anotado por Gonzalo Navaza. Trátase de «A mensaxe secreta dos nomes», escrita polo autor arredor do ano 1981, en plena madureza, pero que deixou nas gabetas sen publicar. O interesado pode acceder ao texto a traves destas páxinas na Rede. Trátas

  • Fecha de lanzamiento: 28/04/2008
  • Plaza de edición: ES
  • Año de edición: 2008
  • ISBN: 9788498650938
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Idioma: GALLEGO
  • Editorial: GALAXIA
  • Nº de páginas: 92

También te podría gustar...

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *